- Presentación do programa
- Obxectivos do programa
- Inscricións dos centros
- Curso de formación do profesorado
- Programación do curso
- Entidades participantes
- Enlaces de interese
- Publicacións
- Descargas
- Contacto
Curso de formación do profesorado
Descargar folla de inscrición
Introdución
A teleformación é un recurso educativo que ofrece, a través de internet, unha serie de posibilidades cara á optimización da aprendizaxe. A posible flexibilidade horaria (non é necesaria a asistencia a unha aula nun tempo establecido) permítelle, á persoa que aprende, seguir un ritmo de traballo de acordo cos seus coñecementos previos e o seu tempo libre. Este sistema de ensinanza salva as barreiras espaciais, achegando as ofertas de formación a calquera lugar onde se encontre a persoa interesada.
O uso das novas tecnoloxías da comunicación, a través da internet, fai posible non só o acceso ás páxinas web, que nos serven de medios de traballo senón a unha inmensa fonte de información coa que tamén podemos ampliar diversos aspectos dos contidos e materiais do curso.
Destinatarios
Profesores de 1º e 2º curso da ESO dos centros escolares inscritos no Programa de prevención de drogodependencias “CINENSINO” do curso 2009/2010.
Obxectivos
O presente curso de formación pretende ofrecerlles aos profesores/as que impartirán o programa CINENSINO unha serie de coñecementos básicos sobre drogodependencias, de maneira que poidan desenvolverse con soltura no tratamento desta problemática e servir de punto de referencia, sólido e fiable, ante as expectativas que poidan xurdir dende o alumnado. Neste sentido os contidos do curso foron seleccionados e desenvolvidos dende a perspectiva do alumnado, de maneira que poidan responder ás súas necesidades e inquietudes, tanto informativas coma formativas.
Contidos
- Contidos teóricos: (20 horas)
O temario do curso teórico preséntase a través dunha plataforma de teleformación (PTF) con fácil acceso xa que só precisa a conexión á internet e acceder aos enderezos web www.estinga.com ou www.cinensino.com . Este temario está estructurado en 3 módulos. O módulo 1 céntrase en aspectos introductorios xenéricos sobre o tema das drogodependencias, así como no papel da información e do profesor/a no ámbito da prevención. O módulo 2 recolle os principais factores que poden estar incidindo no inicio do consumo de drogas, abordados dende os diferentes ámbitos polos que transcorre a vida dos/as adolescentes. No seu conxunto tratan de dar luz á cuestión de por que se consomen as drogas. No módulo 3, preséntanse os temas relacionados cos factores de risco e protección a traballar especificamente con cada unha das unidades didácticas.
- Contidos prácticos: (12 horas)
A desenvolver por cada profesor/a na aula despois de visionar cadansúa película e co apoio da unidade didáctica correspondente.
Prazas e criterios de admisión
O número de prazas corresponderase co número de profesores/as inscritos/as no programa e non poderá exceder de un profesor por aula de cada centro escolar inscrito.
Inscricións
Descargar folla de inscrición
Unha vez inscrito cada profesor/a recibirá un “identificador” e unha “clave” para poder acceder ao Programa de Teleformación (xa que é de acceso restrinxido).
Datas
Calendario teórico
A Plataforma de Teleformación estará dispoñible (on-line) ata o 31 de marzo de 2010.
- Calendario práctico
A desenvolver por cada profesor/a na aula despois de visionar a película correspondente.
NOTA IMPORTANTE: Unha vez aprobado o curso de formación, o profesorado participante que teña rematado o curso, recibirá un certificado de asistencia emitido pola Consellería de Sanidade que en ningún caso supón a homologación do curso por parte da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.