Programación do curso

 

cinensino EPO Ver Trailer

MÁS ALLÁ DE LOS SUEÑOS
99 min
Adam Shankman, USA, estreada en España en 2009

 

Skeeter traballa como mantedor dun hotel de luxo, pertencente a un gran grupo. O dono prometeu ao pai de Skeeter que un día este dirixiría o hotel. Pero este parece esquecer a súa promesa, e cando anuncia un novo complexo hoteleiro, Skeeter é relegado, e escóllese a outro como xerente. Mentres Wendy, a irmá de Skeeter, vai quedarse sen traballo pois o concello aprobou a demolición do colexio do que é directora. Mentres busca novo emprego, Wendy pide a Skeeter que se encargue dos seus dous cativos Barry e Violet; axúdalle na tarefa Jill, unha veciña. Para ter entretidos aos mozos, Skeeter cóntalles contos antes de deitarse, adaptando a súa situación do hotel a marcos fantásticos da antiga Roma, a Idade Media, o afastado Oeste e as aínda máis afastadas galaxias. Para a súa sorpresa, algunhas das ideas que os mozos aportan ás súas tramas fanse realidade. De modo que deseña un plan para que Barry e Violet imaxinen un final feliz para o seu plan de dirixir o novo hotel.

 

 

eso1
    Módulo: A imaxinación e a fantasía
         
CONCELLO DATA LUGAR HORA
FERROL

LUNS

XOVES

VENRES

22-02-2010

25-02-2010

26-02-2010

CINE DUPLEX

10:00 E 12:00 A.M.

10:00 E 12:00 A.M.

10:00 A.M.

PONTEDEUME MÉRCORES 10-03-2010 AULA DA CULTURA DE CAIXA GALICIA

10:00 A.M.

12:00 A.M.

SANTIAGO

MÉRCORES

XOVES

03-03-2010

04-03-2010

CENTRO SOCIOCULTURAL DA FUNDACIÓN CAIXAGALICIA C\ CARREIRA DO CONDE

10:00 E 12:00 A.M. E 4:00 P.M.

10:00 E 12:00 A.M.

VERÍN XOVES 18-03-2010 SALÓN DE ACTOS DO IES TABOADA CHIVITE (VERÍN) 11:00 A.M.

 

 

 

Aviso legal