INTRODUCCIÓN:
Cada vez máis, a formación a distancia é unha resposta ás demandas de formación da poboación adulta. A posible flexibilidade horaria (non é necesaria a asistencia a unha aula nun tempo establecido) permítelle, á persoa que aprende, seguir un ritmo de traballo de acordo cos seus coñecementos previos e o seu tempo libre. Este sistema de ensinanza salva as barreiras espaciais, achegando as ofertas de formación a calquera lugar onde se encontre a persoa interesada.
O uso das novas tecnoloxías da comunicación, a través da internet, fai posible non só o acceso ás páxinas web, que nos serven de medios de traballo senón a unha inmensa fonte de información coa que tamén podemos ampliar diversos aspectos dos contidos e materiais do curso.DESTINATARIOS:
Profesores de 1º e 2º curso da ESO dos centros escolares inscritos no Programa de prevención de drogodependencias “CINENSINO” do curso 2007/2008.
OBXECTIVOS:
O presente curso de formación pretende ofrecerlles aos profesores/as que impartirán o programa CINENSINO unha serie de coñecementos básicos sobre drogodependencias, de maneira que poidan desenvolverse con soltura no tratamento desta problemática e servir de punto de referencia, sólido e fiable, ante as expectativas que poidan xurdir desde o alumnado. Neste sentido os contidos do curso foron seleccionados e desenvolvidos desde a perspectiva do alumnado, de maneira que poidan responder ás súas necesidades e inquietudes, tanto informativas coma formativas.
CONTIDOS:
. Contidos teóricos: (20 horas)
O temario do curso teórico preséntase a través dunha plataforma de teleformación (PTF) con fácil acceso xa que só precisa a conexión á internet e acceder ao enderezo web www.estinga.com. Este temario está estruturado en 3 módulos. O módulo 1, titulado “coñecer para educar” céntrase en aspectos introdutorios xenéricos sobre o tema das drogodependencias, así como no papel da información e do profesor/a no ámbito da prevención. O módulo 2 “da causa á prevención” recolle os principais factores que poden estar incidindo no inicio do consumo de drogas, abordados desde os diferentes ámbitos polos que transcorre a vida dos/as adolescentes. No seu conxunto tratan de dar luz á cuestión de por que se consomen as drogas. No módulo 3, titulado “da situación á intervención” preséntanse as tendencias actuais en canto ao consumo se refire, así como as etapas de iniciación e cuestións puntuais que adoitan xurdir ao tratar estes temas con adolescentes.
• Contidos prácticos: (12 horas)
Para desenvolver por cada profesor/a na aula despois de ver a película que corresponde a cada módulo (4 horas) e co apoio dos materiais didácticos:
Plazas e criterios de admisión:
O número de prazas corresponderase co número de profesores/as inscritos/as no programa e non poderá exceder de un profesor por aula de cada centro escolar inscrito.
Inscricións:
A inscrición é gratuíta e pódese facer na web de Estinga ou entregando o cuestionario que a continuación se adxunta debidamente cuberto e envialo a:
Estinga Servicios Sociales, S.L.
Avda. do Camiño Francés, nº 4. 1º A
15704. Santiago de Compostela
Tfno.: 981 – 577.142
Fax: 981 – 575.603
Correo electrónico: cinensino@estinga.com
Web: www.estinga.comUnha vez inscrito cada profesor/a recibirá un “identificador” e unha “clave” para poder acceder ao Programa de Teleformación (xa que é de acceso restrinxido).
Fechas:
A Plataforma de Teleformación estará dispoñible (on-line) desde o 3 de outubro de 2007 ata o 31 de marzo de 2008.
Para desenvolver por cada profesor/a na aula despois de ver a película que corresponde a cada módulo.