 |
Noah e Emma son dous irmáns que, xogando na praia, atopan unha estraña caixa que contén unha serie de obxectos que eles toman por xoguetes. A medida que utilizan estes obxectos o seu nivel de intelixencia semella que medra de xeito rechamante ata o punto de que o profesor de Noah fala cos seus pais do incremento das súas capacidades. Os pais tamén se decatan do cambio de actitude dos nenos e empezan a preocuparse polo que parece xa unha situación fóra de control, mentres tanto Emma repite constantemente que o seu moneco lle “ensina cousas”…
|