Aínda que o fin último que pretende todo programa de prevención é o de previr a aparición de problemas relacionados co consumo de drogas entre os destinatarios do mesmo, isto perséguese mediante a secuenciación doutros obxectivos que se estenden desde un ámbito máis xeral a outro máis concreto.OBXECTIVOS XERAIS
· Ofrecerlles aos mozos/as información veraz e detallada acerca da natureza, os efectos e mais os riscos que derivan do uso de drogas.
· Contrarrestar a influencia dalgúns factores que poden favorecer a aparición de problemas de consumo, tales como a falta de información, subxectividade da mesma, crenzas de autoprotección e resistencia ao dano, etc.
· Fortalecer nos alumnos/as algúns recursos persoais que lles permitan manexarse adecuadamente en situacións de grupo relacionadas co consumo de drogas.
· Promover o desenvolvemento de actitudes e valores favorecedores da saúde, a ocupación enriquecedora do tempo mediante ocio e deportes.
· En definitiva, atrasar ou impedir o inicio no consumo de drogas.OBXECTIVOS ESPECÍFICOS
Modificar algúns dos factores de risco e potenciar aqueloutros facilitadores dunha maior protección, tales como:
· Coñecemento da interacción drogas-organismo, consecuencias do seu uso e riscos asociados.
· Tratar de favorecer o sentido crítico fronte á propaganda que potencia o consumo de substancias legais baixo argumentos de anticonvencionalismos e busca de sensacións.
· Potenciar a autoestima, a capacidade de decisión, a autonomía persoal e reforzar a asertividade como medios para potenciar a resistencia á presión do grupo
· Mostrar alternativas de ocio e deporte facilitadoras de experiencias novidosas e excitantes para os/as adolescentes.